luns, 27 de abril de 2020

Propostas de traballo para o Martes 28 de Abril.


Hola nenos e nenas. Hoxe imos a seguir traballando a psicomotricidade fina, e imos aproveitar para facer unha manualidade moi chula. Tamén imos a traballar a nosa atención e facer traballar a cabeza.

Rutina 1: O Calendario. Imonos fixar que esta semana temos que estar moi atentos para cambiar de mes, podedes contar cantos dias faltan para que remate o mes?
Rutina 2: Imos Tecer.
Hoxe imos aprender a tecer, eso si imos empezar polo papel. Primeiro temos que cortar tiras longas de papel, pode ser folios de cores ou brancos, tiras de revista ou cartulina, canto mais duriño sea mais facil será tecelo, o seguinte paso e crear sobre unha cartulina ou carton o noso tear, na imaxen tedes dous modelos.


No primeiro só temos que facer cortes na cartulina sen chegar o final, cantos maís cortes mais dificultade.
No segundo en lugar de facer cortes o que facemos e eliminar tiras desa maneira e moito mais sinxélo para eles meter de forma alterna as tiras de cores. Pode parecer moi simple pero o principio vailles costar, non vos preocupedes.

Rutina 3: A Merendar

Rutina 4: Somos detectives. Propoñemos que traballedes a atención dos nenos e nenas exercitando a observación e a reflexión para ser capaces de atopar diferenzas. Para eso podemos levar a cabo diferentes tareas. A primeira idea e xogar a Qué pasou?, se queredes darlle mais emoción podedes ataviarvos coma detectives e buscar lupa en man. O xogo consiste en ensinarlle un grupo de obxetos colocados dunha maneira concreta, podedes sacar unha foto co móvil incluso. Logo o detective sae da habitación e nos cambiaremos a escena, podemos mover, ou eliminar algúns dos obxetos, cando volva terá que encontrar as diferencias. Podemos mirar a foto que sacamos antes para ver se acertou.
Se queremos darlle mais dificultade  vamos pola Segunda idea: podemos facelo usando como escenario toda unha habitación e que cada vez os cambios requiran de maior observación, podemos empezar por cambiarnos nos de posición, mover unha mesa, ou esconder a tele cunha tea, e logo ir a detalles coma: mover un xarrón, pechar a persiana dunha fiestra.......
Outra forma de traballar a atención son os debuxos de buscar diferenzas dos pasatempos, para eles de 3 a 5 xa son bastantes diferenzas. Deixovos algúns enlaces de interese onde podedes atopalas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario