mércores, 22 de abril de 2020

3 ANOS

Queridas familias:
Como vemos que o confinamento aínda non remata envíovos  unha pequena actividade que podedes facer cos vosos fillos.
Buscade en internet unhas cancións da historia de Noé:

-      You tuve kids El arca de Noé.
-      Canta juego- El arca de Noé

Podedes recordarlles a historia e dicirlles que Noé xunto coa súa familia e os animais tamén pasaron moitos días encerrados na arca para poder salvar as súas vidas. Igual que estamos a facer hoxe confinados nas nosas casas.
  
 Podedes cantar as cancións e despois animádevos a facer unha arca. Cunha Caixa de cartón, con papel…. Co que poidades que fagan unha arca e que metan animais de xoguete, poden facelos con plastilina ,recortalos de revistas, colorear de debuxos… Tedes todos un montón de imaxinación e facedes cousas preciosas. 

Mandádenos as fotos e as subiremos ao blog.


Gracias e un bico para todos😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario