mércores, 22 de abril de 2020

5 ANOS


Querida familia:
Como vemos que o estado de confinamento non remata envíovos alguna pequena tarefa para que fagades cos vosos fillos e así poder pasar o tempo.
Neste curso estivemos falando da Creación e o coidado da natureza. Que cousas podemos facer para coidala e protexela. Estamos en primavera.

Para recordar eso imos buscar en internet o cadro titulado: “Campo de amapolas” de Vincent van Gogh
.-Observamos a obra
.-Localizamos no cadro os elementos da natureza representados: flores, árbores e ceo.
.- Toca pintar:
   . Precisamos rotuladores (ou pinturas) de cor vermello, verde e azul
   . Encher con moitos puntiños do rotulador todo o cadro.
   . Recortar a zona branca que hai arredor do cadro
   . Pegar o cadro nunha cartulina, cartón ou donde queira para que o debuxo quede enmarcado

XA TEN A SÚA OBRA DE ARTE

https://drive.google.com/file/d/1RKwZqatEeCqAon_qCdn2qyyCtAgH_hCe/view?usp=sharing


Ningún comentario:

Publicar un comentario