Ola familias,
Primeiro de todo desexarvos que esteades tod@s ben.
Como non sabemos canto vai a durar esta situación, pero seguro que máis do que nos gustaría; a partir de agora vos irei colgando neste Blog (na pestaniña de psicomotricidade) algunha cousiña para que pasen o tempo da mellor maneira posible. Intentarei que sexan cousas sinxelas e lúdicas, sobre todo lúdicas (algunhas feitas por min e outras das que publican compañeir@s que fan cousas marabillosas).
Espero que pronto podamos volver a compartir eses momentos tan especiais que nos ofrece o colexio e, aínda que sexa virtual, gustaríame mandarvos unha aperta xigante especialmente para @s nen@s aos que boto tanto de menos.
Vémonos pronto.
Amaya
Ningún comentario:
Publicar un comentario