martes, 23 de xuño de 2020

GRADUACIÓN 6º INFANTIL🎓🥳
PROMOCIÓN 2017-2020
👩‍🎓👨‍🎓🎉🎊


Moita sorte en Primaria!!!👏👏👏

Botarémosvos de menos!!! 💚💜😘😘

luns, 15 de xuño de 2020

proposta actividades martes (16-6-2020) --4º Infantil

PROPOSTA LUNS 15-06-2020

CADROS MONOCROMÁTICOS
Comezamos este confinamento debuxando e traballando coas cores do Arco da Bella e hoxe imos empregalos de novo para facer unhas bonitas montaxes. Tedes que escoller a Cor que máis vos guste e buscar por toda a casa obxetos desa cor, con eles facemos unha composición.


Esperamos  ver as vosas creacións.

venres, 12 de xuño de 2020

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO" 6º A
VISITAMOS EE.UU.
OS NENOS E NENAS DE 6º A QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS  OS TRABALLIÑOS QUE FIXERON DE EE.UU.











REMATOU A NOSA VIAXE POLO MUNDO E AGORA TOCA DESCANSAR.
ESPERO QUE O PASÁRADES BEN! 
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR! 😘💜

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO" 6º B
VISITAMOS EE.UU.
OS NENOS E NENAS DE 6º B QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS  OS TRABALLIÑOS QUE FIXERON DE EE.UU.





REMATOU A NOSA VIAXE POLO MUNDO E AGORA TOCA DESCANSAR.
ESPERO QUE O PASÁRADES BEN! 
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR! 😘💜

MATEMÁTICAS ABN
NICOLÁS
AITOR


mércores, 10 de xuño de 2020

Proposta actividades, xoves (11-6-2020) --4º INFANTIL

ENCESTA NO BURACO



     Para facer esta actividade precisas poucos materiais e moita habilidade.
    Só necesitas unha caixa ou  a tapa dunha caixa de cartón  e unha pelota. Decóraa ao teu gusto, no medio faille un buraco e a xogar. Trátase de  encestar a bóla no buraco cantas máis veces mellor.


luns, 8 de xuño de 2020

Proposta de actividades martes (9-6-2020) --4º Infantil

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Hoxe 8 de xuño é o Día Mundial dos océanos e compartimos convosco esta cantiga
🎤🎵🎶


FACENDO EQUILIBRIO


     Para facer esta actividade necesitas poucos materiais: 
      - Cinta adhesiva de cor, 
      - Unhas mazás (ou outro obxecto) e 
      - Unha cesta ou caixa de cartón.

 Nun espazo interior ou exterior,  terás que facer coa cinta adhesiva unha especie de árbore que permita realizar varios movementos. En cada “rama” ponse unha mazá. As posibilidades logo son infinitas… O nen@ pode saltar cos dous pés polo “tronco” ata recoller a cesta. Despois pode manter o equilibrio por cada rama mentres recolle as mazás e ponas dentro da cesta que ten na man. A idea é que non caia  das ramas. Outra forma de chegar ás ramas é camiñando coas pernas abertas polas liñas que forman o tronco da árbore.