Hoxe imos poñer en marcha outro xogo que vos gustaba moito pero en forma de oca. Acordádesvos daqueles animaliños que buscábamos pola clase de psicomotricidade e dicíannos o que tiñamos que facer? "a elefanta rosa di que saltes a pé manco"...
Pois ben, imos poñer en marcha este xogo pero en forma de Oca.
Colocámonos e a casa de saída e tiramos un dado para ver quen empeza (o que saque o número mais alto).
A partir de agora a xogar. Tira e ve facendo o que os animais van dicindo.
VARIANTE DO XOGO:
Se queredes podedes facer isto mesmo escondendo peluches, notas, debuxos de animais... cunha nota que vos digan o que tedes que facer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario