luns, 27 de abril de 2020

ESCONDITE INGLÉS CUN DADO


        Colocámonos nunha parede da casa ( se hai corredor mellor porque hai máis espazo) e por quendas imos tirando un dado. Moverémonos segundo a orde indicada no dado. Trátase de chegar ao final da habitación, do corredor... O que chega primeiro pode propoñer outras accións para o dado ou xogar outra vez ao mesmo.

      Primeiro hai que fabricar o dado (imprimímolo , debuxámolo...). Se non, pódese xogar cun dado normal asignándolle unha orde a cada número. O de debuxalo e  colorear lo é para que os peques participen un pouco máis. Eu vou dar unha proposta, pero xa sabedes que sempre se pode personalizar:

Cara vermella do dado (número 1 do dado normal): dou un salto cara adiante
Cara azul do dado (número 2 do dado normal) : dou un salto cara atrás.
Cara verde do dado (número 3 do dado normal): dou dous pasos cara adiante.
Cara amarela do dado (número 4 do dado normal): dou dous paso cara atrás.
Cara laranxa do dado (número 5 do dado normal): Doume a volta e agora vou cara ao lado contrario (necesito outro laranxa).
Cara morada do dado (número 6 do dado normal): Non me movo.

VARIANTES DO XOGO:

- Escondite inglés tradicional: Un queda e o resto da familia  avanza cara a el/ela  mentres di "un, dous, tres escondite inglés". Ao darse a volta todos teñen que quedar quietos como estatuas. Se a alguén que se move mándalle ao final. O primeiro en chegar será o/a que quede a seguinte rolda.

- Asignar a cada cara do dado un animal ou un xesto . Cada vez tira unha persoa o dado e todos fan o que manda.



Adxunto dado por se alguén quere imprimilo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario