Prezadas familias,
fai unhas semanas o profesorado do Colexio propúxovos unha actividade para conmemorar o día do libro. Cada neno/a (voluntariamente) podía elaborar un debuxo ou unha maqueta do seu libro favorito, utilizando libremente materiais que atoparan na casa. A idea orixinal era expoñer os traballos nos corredores do colexio á volta da coarentena.
Como se alargou máis do que pensamos, o Equipo de Biblioteca propón que fagades (sempre de forma voluntaria), unha fotografía, o máis nítida posible, para elaborar un vídeo cos marabillosos traballos que fixestes!
As fotografías deberán enviarse con data límite o día 26 de ABRIL, á seguinte dirección de correo: sfortes@edu.xunta.es
Agradeceríamos que en ASUNTO poñades “DÍA DO LIBRO”.
Grazas pola vosa colaboración!!
Un cordial saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario