martes, 5 de maio de 2020

PROPOSTAS 5-5-2020

Proposta de traballo para o Martes 5 de Maio

Rutina 1: Calendario, Recordade que xa estamos en Maio , que é o mes das flores así que propoñovos aprender durante esta semana unha poesía sobre as flores. Titúlase, Boda de flores e nela aparecen moitos nomes de flores, encantaríame oirvos recitala, con axuda dos papas e os irmáns maiores seguro que o conseguides.
Rutina 2 : Imos facer un Ramiño de flores, propoñovos facer un ramiño de flores moi especial só precisamos lá ou fio gordo, un tenedor e un pauciño ou unha palliña. E seguimos os seguintes pasos:

Que vos parece ? Son claveles, fixástevos se saía ese nome na poesía.


Rutina 3: A merendar.

Rutina 4: Un libriño de flores e follas, estos días xa podedes sair a pasear, asi que propoñovos facer o voso libriño de flores ou folliñas eso si é moi importante que preguntemos os maiores o seu nome e nos vaiamos fixando nos diferentes que poden ser. Para que as flores aguanten moito tempo témolas que secar, colocadeas entre duas follas de periódico e ponde algo de peso enriba, o pasar uns dias xa podemos sacalas e pegalas no noso libriño. Podedes ver no apartado do recuncho da luz, como facer o libriño.

Rutina 5: Quereme ou non me quere.
Imos  facer varios círculos de diferentes tamaños, se os facemos sobre cartón duriño mellor, agora temos que colocar os pétalos e para eso imos empregar pinzas da roupa, cantos  mais colores mais alegre, segundo o tamaño do nosos circulo collerán mais ou menos petalos. E ahora a desfollar a margarida, temos que ir quitando e ver se me quere ou non me quere..

Con esta actividade podemos traballar ademais as series e a cantidade.

Cantidade: Colocamos ou debuxamos un número sobre o círculo, eu plastifiqueino así podo escribir e borrar cun rotulador. Os nenos terán que colocar tantas pinzas coma marque o número.






Series: Colocamos as pinzas da roupa seguindo unha serie , por exemplo azul, amarelo,azul amarelo. Neste caso o cçirculo procurade que sexa mais grande para que poidamos poñer bastantes. Cando traballedes as series e moi importante lelas cos nenos, para que perciban a orde, e se se equivocan eles mesmos se van dar conta. 
Empezamos por series de dous colores e logo podemos ir metendo tres segundo vexamos que lles resulte mais ou menos doado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario