luns, 18 de maio de 2020

BAILAMOS UN CLAP CLAP SONG?




   Ola familias, temos outra nova proposta voluntaria para todo o alumnado de Infantil. No segundo trimestre tocaríalle o alumnado de 6°E.I B facer a súa actuación e estabamos ensaiando un Clap Clap Song. Unha pena non ter ningún vídeo dos ensaios.
     Para facelo máis sinxelo, modificamos os movementos e pedímosvos que nos enviedes un vídeo en vertical dos cativos bailando o Clap Clap Song ó correo orecunchodaluz@hotmail.com, para entre todos montar un vídeo e pasar un bo rato.
     Para coñecer os pasos, vos mandamos un vídeo dos mellores mestres bailaríns e tamén o audio, a coreografía dura 1:05 pero logo repítese. Polo que o vídeo non é necesario que sexa de todo o baile pero sí dunha coreografía completa.
    Data límite de envío xoves 21.
     Moitas grazas pola vosa colaboración e por axudar a estar máis preto.


  Como sabemos que está dando problemas o envío por e-mail, polo peso do vídeo, e abría que comprimilo primeiro, ou compartilo desde drive, Dropbox....  Ou envíalo por Instagram. Ampliamos as vías de envío ós wasaps das mestras, se este xa era utilizado como vía de comunicación. 

Moitas grazas e un saúdo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario