Este ano, por mor da pandemia do COVID-19, os actos de homenaxe
quedan aprazados para o 31 de outubro, coincidindo cos 110 anos do
nacemento do autor a que está dedicado este ano: Ricardo Carvalho Calero, nacido en Ferrol en outubro de 1910 e falecido
en Santiago, en marzo de 1990.
Se queredes coñecer algo máis deste autor, propoñémosvos que
visitedes estas páxinas web:
Pero como non queremos deixar sen festexar este día tan importante para a nosa cultura, vos propoñemos este experimento con bolas de xel que ocultan palabras que nos encantan en galego.
E a vós que palabras vos encantan da nosa lingua?
Ningún comentario:
Publicar un comentario