Rutina 1: Calendario
Rutina 2: Emparellamos pegatinas
hoxe imos traballar de novo a atención e imolo facer usando algo que ós nenos lles encanta que son as pegatinas. A idea e que collades pegatinas ou cromos que teñades pola casa e os partades pola metade. Colocaremos unha das partes dispersa por un folio e as outras daremosllas os nenos. Eles terán que pegar a outra metade e ademais facelo do dereito senon o debuxo non terá sentido. Se non tedes pegatinas podes facelo con recortes ou debuxos que vós imprimades.
deixovos aqui uns que lles poden gustar e resultan faciles de emparellar o ser de formas e colores tan divertidos. Ademaís hoxe a cousa vai ir de Monstruos
Rutina 3: A merendar, hoxe podemos merendar coma monstruos ou papalos a todos.
Rutina 4: Un conto de Monstruos, hoxe imos aproveitar esta merenda tan terrorífica para contar un conto de Monstruos , podedes escoller o que queirades, eu deixovos aquí unha lista con algúns dos que máis me gustan e que podedes ver en internet.
Rutina 5: Que mellor maneira de terminar o día que debuxando un monstruo pero eso si tedes que seguir as instruccións que vos vou a dar e logo enviadenos as fotos dos vosos monstruo veredes que diferentes poden ser.
Instruccións para facer un monstruo:
- O noso monstruo ten que ter un corpo moi grande e redondo e a cabeza e tamén moi grande
- Ten que ter unha nariz moi longa.
- Ten tamén dous cornos (ponos onde ti queiras)
- Agora ven o máis raro este monstruo ten 3 orellas.
- E os ollos son un montón non dín contado.
- A boca uff que rara é esa boca parece un televisor, ou unha venta , non non parece unha caixa de galletas é unha boca con forma de cadrado e moi grande.
- Os brazos só ten dous pero non son iguais un é corto e outro é moi longo.
- E por último ten catro pernas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario