domingo, 31 de maio de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
mércores, 27 de maio de 2020
FACEMOS PSICOMOTRICIDADE
Como podemos facelo?
• Aproveitaremos as raias das baldosas para practicar xogos de equilibrio: camiñamos polas raias sen caer.
• Tomaremos un cubo que haxa por casa e practicaremos a puntería cunha pelota ou cunha gran bóla de papel. A ver cantas veces encestas.
• Imitaremos movementos de animais que aparecen nun libro que escolleremos entre os nosos (por exemplo: se hai un can camiñar como o can e imitar o seu son).
• Improvisaremos un xogo do Twister, onde cada baldosa será para poñer pés ou mans. Esta parte é en familia. Canto máis enredados mellor.
• Tomaremos un cubo que haxa por casa e practicaremos a puntería cunha pelota ou cunha gran bóla de papel. A ver cantas veces encestas.
• Imitaremos movementos de animais que aparecen nun libro que escolleremos entre os nosos (por exemplo: se hai un can camiñar como o can e imitar o seu son).
• Improvisaremos un xogo do Twister, onde cada baldosa será para poñer pés ou mans. Esta parte é en familia. Canto máis enredados mellor.
A PASALO BEN
martes, 26 de maio de 2020
luns, 25 de maio de 2020
Ola!
Hoxe propóñovos elaborar un labirinto cun prato, é moi sinxelo.
Necesitamos: - Un prato de papel, plástico ou normal. - Papel de cores ou de xornal para elaborar os túneles - Silicona, pegamento ou grampadora para fixar o papel ao prato - Unha camica ou bóla de plastilina.
Hoxe propóñovos elaborar un labirinto cun prato, é moi sinxelo.
Necesitamos: - Un prato de papel, plástico ou normal. - Papel de cores ou de xornal para elaborar os túneles - Silicona, pegamento ou grampadora para fixar o papel ao prato - Unha camica ou bóla de plastilina.
Agora a xogar, tenta pasar a bóla por todos os túneles.
domingo, 24 de maio de 2020
venres, 22 de maio de 2020
CLAP CLAP SONG ALUMNADO
Ola familias, estamos encantandos de que tantos peques se animaran a bailar o Clap Clap Song. Grazas a estos vídeos, o profesorado puido percatarse do que medraron estes cativos, os seus cambios de look e o concentrados que estaban. Noraboa pola actuación e mil grazas familias pola colaboración e implicación.
A continuación vos engadimos primeiro un remix de todos os alumn@s que participaron e despois cada vídeo individualmente.
CLAP CLAP SONG REMIX
CLAP CLAP SONG 1
CLAP CLAP SONG 2
CLAP CLAP SONG 3
CLAP CLAP SONG 4
CLAP CLAP SONG 5
CLAP CLAP SONG 6
mércores, 20 de maio de 2020
PSICOMOTRICIDADE E MÚSICA, SIGUE O RITMO
Esta actividade combina a música e a psicomotricidade. No vídeo tedes un exemplo, pero podedes elixir a música que máis vos guste e xogar. Un marca o ritmo e outr@ ten que repetilo.
martes, 19 de maio de 2020
MATEMÁTICAS LÚDICAS
Queridas familias, propoñemos exemplos de como traballar matemáticas de forma lúdica, manipulando materiais que temos na casa.
CONSTRUIMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS
REPARTIMOS 6 GALLETAS ENTRE 3 PERSOAS DE 3 FORMAS DISTINTAS
COMEMOS UNHA RICA LARANXA:
-CONTAMOS OS "GAJOS"
-CANTOS IMOS COMENDO?
-CANTOS QUEDAN?
CONSTRUIMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS
REPARTIMOS 6 GALLETAS ENTRE 3 PERSOAS DE 3 FORMAS DISTINTAS
COMEMOS UNHA RICA LARANXA:
-CONTAMOS OS "GAJOS"
-CANTOS IMOS COMENDO?
-CANTOS QUEDAN?
luns, 18 de maio de 2020
PROPOSTA PARA O MARTES 18/5/2020
Este martes xa que parece que veu o bo tempo imos facer unhas tarefas moi fresquiñas.
Deixovos tamén este enlace con algunhas das actividades que vos suxerimos e con outras novas para que vexades que se poden facer con pouco espacio.Máis ideas
BAILAMOS UN CLAP CLAP SONG?
Ola familias, temos outra nova proposta voluntaria para todo o alumnado de Infantil. No segundo trimestre tocaríalle o alumnado de 6°E.I B facer a súa actuación e estabamos ensaiando un Clap Clap Song. Unha pena non ter ningún vídeo dos ensaios.
Para facelo máis sinxelo, modificamos os movementos e pedímosvos que nos enviedes un vídeo en vertical dos cativos bailando o Clap Clap Song ó correo orecunchodaluz@hotmail.com, para entre todos montar un vídeo e pasar un bo rato.
Para coñecer os pasos, vos mandamos un vídeo dos mellores mestres bailaríns e tamén o audio, a coreografía dura 1:05 pero logo repítese. Polo que o vídeo non é necesario que sexa de todo o baile pero sí dunha coreografía completa.
Data límite de envío xoves 21.
Data límite de envío xoves 21.
Moitas grazas pola vosa colaboración e por axudar a estar máis preto.
Como sabemos que está dando problemas o envío por e-mail, polo peso do vídeo, e abría que comprimilo primeiro, ou compartilo desde drive, Dropbox.... Ou envíalo por Instagram. Ampliamos as vías de envío ós wasaps das mestras, se este xa era utilizado como vía de comunicación.
Moitas grazas e un saúdo.
XOGO DE COORDINACIÓN
Hoxe imos xogar a encestar.
Só necesitamos:
- Un cartón con algúns buracos
- Un vaso, que pode ser de iogur, cortado pola metade.
- Dous anacos de la ou de corda.
- Uns pompóns, bólas de plastilina, de papel.... que caiban polos buracos do cartón.
O xogo consiste en meter cantas máis bólas mellor polos distintos buracos.
CANCIÓN LOBO FEROZ
Desde o recuncho de música, hoxe deixámosvos unha canción que lles gusta moito.
Un saúdo
domingo, 17 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Este ano, por mor da pandemia do COVID-19, os actos de homenaxe
quedan aprazados para o 31 de outubro, coincidindo cos 110 anos do
nacemento do autor a que está dedicado este ano: Ricardo Carvalho Calero, nacido en Ferrol en outubro de 1910 e falecido
en Santiago, en marzo de 1990.
Se queredes coñecer algo máis deste autor, propoñémosvos que
visitedes estas páxinas web:
Pero como non queremos deixar sen festexar este día tan importante para a nosa cultura, vos propoñemos este experimento con bolas de xel que ocultan palabras que nos encantan en galego.
E a vós que palabras vos encantan da nosa lingua?
venres, 15 de maio de 2020
PROPOSTA 15/5/2020
Para este venres traemosvos unha proposta un pouco diferente na que poñer os cinco sentidos esperamos que vos guste.OS CINCO SENTIDOS
Deixovos algúns enlaces de interese con puzzles e videos:
puzzles
videos
video2
puzzles
videos
video2
mércores, 13 de maio de 2020
XOGAMOS COS PÉS.
Hoxe propóñovos un novo reto, é moi sinxelo. Só tedes que trasladar cada papel ao seu recadro segunda a súa cor. Ánimo.
martes, 12 de maio de 2020
luns, 11 de maio de 2020
LOS SONIDOS PERDIDOS. MUSICALIA.
Hoxe deixámosvos un vídeo sobre os sons musicais. Esperamos que vos guste.
domingo, 10 de maio de 2020
venres, 8 de maio de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
MAIOS INFANTIL 2020
MAIOS INFANTIL
Este ano non puidemos ir á Barreira a festexar esta tradicional festa galega, pero coa colaboración das familias elaborando estes preciosos maios, as mestres e mestre cantando as coplas, e de fondo, o son das gaitas que sempre nos acompañaban, temos a nosa particular celebración de maneira virtual:
Familias, de novo, queremos agradecer a vosa implicación en cada unha das propostas. Moitas grazas.
mércores, 6 de maio de 2020
Proposta Actividades para o xoves 7-5-2020
Outro día mais traémosvos algunhas ideas para traballar cos pequechos da casa:
Rutina 1: Calendario
Rutina 2: Emparellamos pegatinas
hoxe imos traballar de novo a atención e imolo facer usando algo que ós nenos lles encanta que son as pegatinas. A idea e que collades pegatinas ou cromos que teñades pola casa e os partades pola metade. Colocaremos unha das partes dispersa por un folio e as outras daremosllas os nenos. Eles terán que pegar a outra metade e ademais facelo do dereito senon o debuxo non terá sentido. Se non tedes pegatinas podes facelo con recortes ou debuxos que vós imprimades.
deixovos aqui uns que lles poden gustar e resultan faciles de emparellar o ser de formas e colores tan divertidos. Ademaís hoxe a cousa vai ir de Monstruos
Rutina 1: Calendario
Rutina 2: Emparellamos pegatinas
hoxe imos traballar de novo a atención e imolo facer usando algo que ós nenos lles encanta que son as pegatinas. A idea e que collades pegatinas ou cromos que teñades pola casa e os partades pola metade. Colocaremos unha das partes dispersa por un folio e as outras daremosllas os nenos. Eles terán que pegar a outra metade e ademais facelo do dereito senon o debuxo non terá sentido. Se non tedes pegatinas podes facelo con recortes ou debuxos que vós imprimades.
deixovos aqui uns que lles poden gustar e resultan faciles de emparellar o ser de formas e colores tan divertidos. Ademaís hoxe a cousa vai ir de Monstruos
Rutina 3: A merendar, hoxe podemos merendar coma monstruos ou papalos a todos.
Rutina 4: Un conto de Monstruos, hoxe imos aproveitar esta merenda tan terrorífica para contar un conto de Monstruos , podedes escoller o que queirades, eu deixovos aquí unha lista con algúns dos que máis me gustan e que podedes ver en internet.
Rutina 5: Que mellor maneira de terminar o día que debuxando un monstruo pero eso si tedes que seguir as instruccións que vos vou a dar e logo enviadenos as fotos dos vosos monstruo veredes que diferentes poden ser.
Instruccións para facer un monstruo:
- O noso monstruo ten que ter un corpo moi grande e redondo e a cabeza e tamén moi grande
- Ten que ter unha nariz moi longa.
- Ten tamén dous cornos (ponos onde ti queiras)
- Agora ven o máis raro este monstruo ten 3 orellas.
- E os ollos son un montón non dín contado.
- A boca uff que rara é esa boca parece un televisor, ou unha venta , non non parece unha caixa de galletas é unha boca con forma de cadrado e moi grande.
- Os brazos só ten dous pero non son iguais un é corto e outro é moi longo.
- E por último ten catro pernas.
martes, 5 de maio de 2020
PROPOSTAS 5-5-2020
Proposta de traballo para o Martes 5 de Maio
Rutina 1: Calendario, Recordade que xa estamos en Maio , que é o mes das flores así que propoñovos aprender durante esta semana unha poesía sobre as flores. Titúlase, Boda de flores e nela aparecen moitos nomes de flores, encantaríame oirvos recitala, con axuda dos papas e os irmáns maiores seguro que o conseguides.

Rutina 1: Calendario, Recordade que xa estamos en Maio , que é o mes das flores así que propoñovos aprender durante esta semana unha poesía sobre as flores. Titúlase, Boda de flores e nela aparecen moitos nomes de flores, encantaríame oirvos recitala, con axuda dos papas e os irmáns maiores seguro que o conseguides.
Rutina 2 : Imos facer un Ramiño de flores, propoñovos facer un ramiño de flores moi especial só precisamos lá ou fio gordo, un tenedor e un pauciño ou unha palliña. E seguimos os seguintes pasos:

Que vos parece ? Son claveles, fixástevos se saía ese nome na poesía.
Rutina 3: A merendar.
Rutina 4: Un libriño de flores e follas, estos días xa podedes sair a pasear, asi que propoñovos facer o voso libriño de flores ou folliñas eso si é moi importante que preguntemos os maiores o seu nome e nos vaiamos fixando nos diferentes que poden ser. Para que as flores aguanten moito tempo témolas que secar, colocadeas entre duas follas de periódico e ponde algo de peso enriba, o pasar uns dias xa podemos sacalas e pegalas no noso libriño. Podedes ver no apartado do recuncho da luz, como facer o libriño.
Rutina 5: Quereme ou non me quere.
Imos facer varios círculos de diferentes tamaños, se os facemos sobre cartón duriño mellor, agora temos que colocar os pétalos e para eso imos empregar pinzas da roupa, cantos mais colores mais alegre, segundo o tamaño do nosos circulo collerán mais ou menos petalos. E ahora a desfollar a margarida, temos que ir quitando e ver se me quere ou non me quere..
Con esta actividade podemos traballar ademais as series e a cantidade.
Cantidade: Colocamos ou debuxamos un número sobre o círculo, eu plastifiqueino así podo escribir e borrar cun rotulador. Os nenos terán que colocar tantas pinzas coma marque o número.

Series: Colocamos as pinzas da roupa seguindo unha serie , por exemplo azul, amarelo,azul amarelo. Neste caso o cçirculo procurade que sexa mais grande para que poidamos poñer bastantes. Cando traballedes as series e moi importante lelas cos nenos, para que perciban a orde, e se se equivocan eles mesmos se van dar conta.
Empezamos por series de dous colores e logo podemos ir metendo tres segundo vexamos que lles resulte mais ou menos doado.
luns, 4 de maio de 2020
CONTOS DO BERCE Á LÚA
Ola familias, esta semana os contos están adicados particularmente ás clases de 4º E.I. porque son contos que cantábamos durante este curso. Pero tamén son apropiados para as demás aulas, xa que ofrecen unha versión cantada e rimada dun conto e teñen letra en maiúsculas.
Non puidemos atopar a versión en galego de miau que tanto lles gustaba e o conto quedou no cole..., pero seguro que a lembran e podedes pedirlle que sexan eles os contacontos. Ó final introducimos un conto cantado novo VIOLÍN da mesma colección Do berce á lúa.
LÚA
CINCO
VIOLÍN
XOGO COOPERATIVO DE TRASVASE DE PELOTAS
Para este xogo necesitamos :
- Dous vasos de iogur baleiros,
- Dous paus
- Pelotas ou bólas que non pesen moito (bastantes). Se non temos, facemos bólas de papel e listo.
- Unha caixa de cartón.
- No chan debúxase un cadrado con cinta carroceiro ou calquera outro material e metemos dentro moitas pelotas.
O xogo consiste en trasladar todas as bólas dunha nunha do cadrado á caixa suxeitándoas entre os dous cos vasos de iougur (ver vídeo)
VÍDEO NOTAS MUSICAIS "A ARAÑITA".
Ola familias,
Como vos adiantamos, cada luns teredes unha actividade musical. Comezamos con algo sinxelo e atractivo, unha canción sobre as notas musicais.
Esperamos que vos guste.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)