luns, 8 de xuño de 2020

FACENDO EQUILIBRIO


     Para facer esta actividade necesitas poucos materiais: 
      - Cinta adhesiva de cor, 
      - Unhas mazás (ou outro obxecto) e 
      - Unha cesta ou caixa de cartón.

 Nun espazo interior ou exterior,  terás que facer coa cinta adhesiva unha especie de árbore que permita realizar varios movementos. En cada “rama” ponse unha mazá. As posibilidades logo son infinitas… O nen@ pode saltar cos dous pés polo “tronco” ata recoller a cesta. Despois pode manter o equilibrio por cada rama mentres recolle as mazás e ponas dentro da cesta que ten na man. A idea é que non caia  das ramas. Outra forma de chegar ás ramas é camiñando coas pernas abertas polas liñas que forman o tronco da árbore.



Ningún comentario:

Publicar un comentario