mércores, 3 de xuño de 2020

PELOTAS OU BÓLAS MALABARES

Necesitamos: • Globos • Arroz/lentellas
Primeiro: debemos encher os globos de arroz. Faiche cun embude ou algo similar para que sexa máis fácil. Unha vez teñamos a parte ancha do globo chea, cortamos o “pescozo” do globo, coidando de que non caia o arroz.





Segundo: collemos outro globo baleiro, cortamos o pescozo e poñémolo encima do primeiro de tal forma que tape o buraco do arroz.



Terceiro: facémonos con outro globo baleiro, volvemos cortar o pescozo e esta vez, cortaremos tamén os laterais e superpoñémolo aos que xa tiñamos (facémoslle varios buracos).E así con cuantos globos queirades. A finalidade deste terceiro paso é decorar. Cuantos máis teñan buracos e cuantos máis globos de cores poñamos máis bonitas quedarán as nosas bólas.





AGORA, A XOGARRRR




Ningún comentario:

Publicar un comentario