Materiais/ingredientes:
•fariña de trigo (2 cuncas)
•aceite (1/4 de cunca)
Tan só terás que mesturar estes dous ingredientes nun bol ou recipiente coma se de calquera masa para repostería se tratase. As medidas son aproximadas. Se a mestura aínda se pega nas túas mans é que tes exceso de aceite e se está demasiado seca tal vez poidas engadir un pouco máis. Nuns minutos terás a túa area lista.
Opcións
•Podes engadir colorante alimentario para facela de cores ou algunha especie para comidas.
•Outra alternativa que se pode facer é utilizar aceite de bebé no canto de aceite de cociña, queda un cheiro delicioso pero lembra que entón non sería comestible .
É unha actividade fantástica para traballar a psicomotricidade fina e grosa e a estimulación sensorial. Amasar, apertar, esmagar… Logo deixaremos tempo para o xogo libre (Xogar a esconder animais, cargar coches e camións de area e transportala, facer pelotas coma se de neve tratásese….)
Ningún comentario:
Publicar un comentario