https://drive.google.com/file/d/1Sl1FljUoxukM39cOywpuwEf5kh73D-lb/view?usp=sharing
xoves, 30 de abril de 2020
mércores, 29 de abril de 2020
LABIRINTO CON PALLIÑAS
Nesta ocasión toca traballar a motricidade fina e a coordinación. Para iso
imos elaborar un labirinto.
Material necesario:
- Palliñas ( pódense facer churros con papel de xornal ou de
reciclar no seu lugar)
- Unha tapa dunha caixa de zapatos.
- Unha canica ( ou
bóla de plastilina se non temos a canica)
AGORA TOCA PASAR LO BEN
martes, 28 de abril de 2020
PRÓXIMAS ACTIVIDADES MUSICAIS
Ola familias,
A partir da próxima semana todos os luns poñeremos á vosa disposición unha actividade musical (bailes, cancións, ritmos, sons...). Esperamos que contribúan a amenizar o día a día dos máis pequenos da casa.
Un saúdo
luns, 27 de abril de 2020
"Cousiñas para facer"
Queridas familias, mandamos para esta semana, actividades de grafo, de números e letras.
Foron enviadas polas canles habituales de cada titora.
Recordar que ata o xoves, recibimos as fotos das construccións.
Un saúdo
Coidádevos moito.
CONTACONTOS
Ola familias, os luns aproveitaremos para enlazar un vídeo dun conto ilustrado para que os cativos poidan visualizalo cando teñades un momento.
Comezamos pola contada das mestres e mestre con motivo da celebración do Día do libro.
ASÍ ES MI CORAZÓN
ESCONDITE INGLÉS CUN DADO
Colocámonos
nunha parede da casa ( se hai corredor mellor porque hai máis espazo) e por
quendas imos tirando un dado. Moverémonos segundo a orde indicada no dado.
Trátase de chegar ao final da habitación, do corredor... O que chega primeiro
pode propoñer outras accións para o dado ou xogar outra vez ao mesmo.
Primeiro hai que
fabricar o dado (imprimímolo , debuxámolo...). Se non, pódese xogar cun dado
normal asignándolle unha orde a cada número. O de debuxalo e colorear lo é para que os peques participen
un pouco máis. Eu vou dar unha proposta, pero xa sabedes que sempre se pode
personalizar:
Cara vermella do dado
(número 1 do dado normal): dou un salto cara adiante
Cara azul do dado
(número 2 do dado normal) : dou un salto cara atrás.
Cara verde do dado
(número 3 do dado normal): dou dous pasos cara adiante.
Cara amarela do dado
(número 4 do dado normal): dou dous paso cara atrás.
Cara laranxa do dado
(número 5 do dado normal): Doume a volta e agora vou cara ao lado contrario
(necesito outro laranxa).
Cara morada do dado
(número 6 do dado normal): Non me movo.
VARIANTES DO XOGO:
- Escondite inglés tradicional: Un queda e o resto da
familia avanza cara a el/ela mentres di "un, dous, tres escondite inglés".
Ao darse a volta todos teñen que quedar quietos como estatuas. Se a alguén que
se move mándalle ao final. O primeiro en chegar será o/a que quede a seguinte
rolda.
- Asignar a cada cara do dado un animal ou un xesto . Cada
vez tira unha persoa o dado e todos fan o que manda.
Adxunto dado por se alguén quere imprimilo.
domingo, 26 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
Aquí vos deixamos un enlace para que poidades solicitar un libro para colorear personalizado
https://hurraheroes.com/libro-colorear-todas-estaciones
A OCA DOS ANIMAIS
Hoxe imos poñer en marcha outro xogo que vos gustaba moito pero en forma de oca. Acordádesvos daqueles animaliños que buscábamos pola clase de psicomotricidade e dicíannos o que tiñamos que facer? "a elefanta rosa di que saltes a pé manco"...
Pois ben, imos poñer en marcha este xogo pero en forma de Oca.
Colocámonos e a casa de saída e tiramos un dado para ver quen empeza (o que saque o número mais alto).
A partir de agora a xogar. Tira e ve facendo o que os animais van dicindo.
VARIANTE DO XOGO:
Se queredes podedes facer isto mesmo escondendo peluches, notas, debuxos de animais... cunha nota que vos digan o que tedes que facer.
xoves, 23 de abril de 2020
CONTADA DAS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL
Un libro, un agasallo: disfrutádeo
Compartimos un libro, regalamos emocións.
mércores, 22 de abril de 2020
"COUSIÑAS PARA A CASA"
Queridas familias, benvidas ó blog de Educación infantil.
Seguiremos mantendo as canles de comunicación habitual e tamén colgaremos as notificacións neste blog.
Propoñemos dúas actividades:,
*Seguir coa palabra favorita diaria e co seu debuxo, pero, agora, engadiremos a data.
*Imos ser constructores e constructoras!! Gustaríanos que fixerades construccións con materiais da casa :envases de leite, de conservas, pratos, tazas, culleres,froitas..... deixade voar a vosa imaxinacón.
Un saúdo. Ánimo
1- CIRCUÍTO: DEIXA VOAR A IMAXINACIÓN.
Queridos nen@s, imos comezar a nosa viaxe polos xogos.
Como sei que os circuítos gústanvos moito, buscando e buscando algo que se puidera facer na casa, atopei un vídeo que é moi enxeñoso. Espero que vos sexa útil e que gocedes con el-
Material necesario:
- Calquera cousa que pase pola vosa mente (bonecos, cordas, pezas, pelota, un cubo para encestar (como faciades en psico no cubo verde), rolos de papel hixiénico...
- Moitas ganas e imaxinación.
- Moitas ganas e imaxinación.
luns, 20 de abril de 2020
BENVIDOS Ó RECUNCHO DA LUZ
![]() |
Ola familias!
Aínda que xa moitos seguides o recunchiño polo Instagram @orecunchodaluz, para facilitarlle a todas as familias ó acceso ás propostas que alí subo, podedes pinchar na imaxe de arriba ou no seguinte enlace para acceder a unha páxina web que simula o Instagram. https://www.picuki.com/profile/orecunchodaluz Son propostas similares ás que facíamos no recunchiño; ciencia, luz, arte, minimundos…
Cando picades na imaxe, ábrese una páxina onde están publicadas as propostas dende as máis recentes ás de principio de curso. Tede en conta que na primeira páxina soamente aparece unha foto e a descripción da proposta, pero se picades nesa imaxe ábrese unha páxina nova con todas as fotos desa publicación e vídeos se os houbera, comentarios... É importante picar na imaxe para ver toda a información da actividade e os vídeos que son moi explicativos.
Cando picades na imaxe, ábrese una páxina onde están publicadas as propostas dende as máis recentes ás de principio de curso. Tede en conta que na primeira páxina soamente aparece unha foto e a descripción da proposta, pero se picades nesa imaxe ábrese unha páxina nova con todas as fotos desa publicación e vídeos se os houbera, comentarios... É importante picar na imaxe para ver toda a información da actividade e os vídeos que son moi explicativos.
Un biquiño enorme para todos eses científicos.
Vanesa
E para recordar a proposta colectiva dos minimundos de principios do confinamento enlazo o vídeo.
E para recordar a proposta colectiva dos minimundos de principios do confinamento enlazo o vídeo.
Ola familias,
Primeiro de todo desexarvos que esteades tod@s ben.
Como non sabemos canto vai a durar esta situación, pero seguro que máis do que nos gustaría; a partir de agora vos irei colgando neste Blog (na pestaniña de psicomotricidade) algunha cousiña para que pasen o tempo da mellor maneira posible. Intentarei que sexan cousas sinxelas e lúdicas, sobre todo lúdicas (algunhas feitas por min e outras das que publican compañeir@s que fan cousas marabillosas).
Espero que pronto podamos volver a compartir eses momentos tan especiais que nos ofrece o colexio e, aínda que sexa virtual, gustaríame mandarvos unha aperta xigante especialmente para @s nen@s aos que boto tanto de menos.
Vémonos pronto.
Amaya
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)