Para facer esta actividade necesitas poucos materiais:
- Cinta adhesiva de cor,
- Unhas mazás (ou outro obxecto) e
- Unha cesta ou caixa de cartón.
Nun espazo
interior ou exterior, terás que facer
coa cinta adhesiva unha especie de árbore que permita realizar varios
movementos. En cada “rama” ponse unha mazá. As posibilidades logo son
infinitas… O nen@ pode saltar cos dous pés polo “tronco” ata recoller a cesta.
Despois pode manter o equilibrio por cada rama mentres recolle as mazás e ponas
dentro da cesta que ten na man. A idea é que non caia das ramas. Outra forma de chegar ás ramas é camiñando
coas pernas abertas polas liñas que forman o tronco da árbore.